VacalouraOfl: Vexo que encontraches o ESPAZO, o novo fogar dos habitantes das gretas. Gústame o seu entorno, terán moitos lugares que visitar, por onde meterse e saír. Creo que serán felices vendo as musas durmindo... Grazas pola imaxe, levareina sempre grabada nalgunha greta da miña cabeza.
VacalouraOfl: Pequena Crisálida (MO) ¿sabes de onde saíron os habitantes das gretas? Voucho contar mentras sigo enredando cos fíos (ganchilla, ganchilla...).
Fai moito tempo, xa nin me acordo de canto, un soño abriuse camiño a través do grafito para rematar nun papel. Nel había un extraño poboado de criaturas sen definir (reflexos da realidade). Crecían tranquilamente nunha pranta moi común do mundo (o dente de león)

E esta querida Crisálida é a historia dos habitantes das gretas. Os habitantes das gretas murmuran o seu desexo a aqueles que non se limitan a crer nunha soa realidade, senón aqueles que están dispostos a cambiar cousas a través da imaxinación, aqueles que coñecen que as limitacións son unha mentira, unha forma de acabar cos soños, cos desexos, con estes pequenos habitantes de gretas que non fan mal ningún. Saben que no momento que empezas a crer noutra cousa, a imaxinar outra maneira, outros mundos, unha greta ábrese dentro de ti (e do mundo enteiro) para poder darlles acubillo e crecer, que tarde ou cedo tomarán parte na realidade deixando de ser reflexos coa túa axuda, para poder tomar forma coa tinta, coa escritura, co pincel, co lapis, coa cámara, coas palabras, cos actos, etc... ¿Algunha vez te paras a escoitalos nos teus soños?
Como Crisálida entederasme ¿Non MO?
No hay comentarios:
Publicar un comentario